19/12/11

PORTAVELAS BOLBORETA


Peza realizada en granito de Parga gris, ten unhas medidas aproximadas de 17x15cms e 0.5 cms de ancho. Ten tallada unha bolboreta de xeito tradicional que, posteriormente, foi pintada con pintura con base de auga.

11/11/11

Escudo dos Reinos Suevos


 Outra reproducción do Escudo dos Reinos Suevos. Neste caso é un pedido que se foi a Pontevedra.
 Granito gris Parga (Lugo); aqui vos deixamos parte do proceso de elaboración.

2/11/11

Placa Pub Tarasca




 Aqui tedes unha placa en pedra para o pub Tarasca en Santiago de Compostela. Está realizado en granito gris Parga (Lugo) con un proceso totalmente artesanal. Está pintado con pintura acrílica de base de auga e tratada con un hidrófugo.

26/9/11

Queimador de incienso


Queimador de incienso cunha orixinal forma, feito en granito gris  e cantos rodados de granito moreno.  É unha peza de creación propia cunhas medidas aproximadas de 36x6cms. Ideal para colocar no salón ou en calquer mesa ou aparador.

23/9/11

CANTO RODADO CON PETROGLIFO


Canto rodado da zona da Coruña con unha talla dun petroglifo. A talla executouse de xeito tradicional para despois ser pintado con pintura de base de auga.
Os petroglifos foron utilizados como símbolos comunicativos, culturais e relixiosos e datan do periodo neolítico, ainda que as espirais son máis típicas da Idade de Bronce na cultura castrexa. Son símbolos tallados en pedra, desbastando a capa máis superficial e pintados con resinas naturais.






                                                              http://www.boosterblog.es

23/8/11

Cruz Celta en granito



Cruz Celta tallada de xeito tradicional en granito de Parga (Lugo). As primeiras cruces Celtas datan do s. VIII en Irlanda, pero realmente volveron a aparecer no s. XIX no chamado "Renacimento Celta" pola influencia do Romanticismo e o Nacionalismo Irlandés, utilizándose como símbolo funerario.

TRISKEL EN CANTO RODADO


Triskel tallado de xeito tradicional nun canto rodado da zona da Coruña. O triskel é un símbolo de poder propio da Cultura Celta e significaba para os druidas a aprendizaxe eterna.

8/8/11

FESTA CELTA DE O PINO


 O 6 e 7 de Agosto tivo lugar a 3º Edición da Festa Celta de O Pino e alí nos fumos as Buxainas. Música, artesanía, faunos e satíros, amenizaron esta festa a pesar da chuvia. O domingo celebrouse unha exposición de galo piñeiro e unha feira cabalar. Moitas gracias a tod@s @s que fixeron posible que estivesemos alí e especialmente a Daniel (Aromas del duende) que sempre conseguiu sacarnos un sorriso.

26/6/11

TRISKEL EN CANTO RODADO



Triskel feito nun canto rodado da zona da Coruña. O triskel era considerado un símbolo de grande poder e utilizado polos druidas na elaboración dos seus rituais, outorgándolle grande poder curativo. Está feito de xeito artesanal e pintado con pintura de base de auga.

TRISKEL EN GRANITO


Triskel feito en granito gris. Os triskeis é un elemento simbólico da Cultura Celta, considerábase que tiña gran poder e só podían portalo os druidas. Está tallado nunha peza irregular dun granito que provén da zona de Lugo. Para darlle maior profundidade, teñiuse o fundo. As súas medidas aproximadas son de 26x22 cms. A limpeza de este tipo de pezas é moi doada, bastará con auga e un cepillo de cerdas suaves. Foi elaborada de xeito artesanal.

8/6/11

TRISKEL EN GRANITO

Este triskel, propio da Cultura Celta, está talla en granito de Parga gris (Lugo), de forma tracidional e envellecido para darlle mais profundidade. A peza traballouse para darlle un acabado tosco e irregular, contrastando asi coas liñas redondeadas da talla.

SÍMBOLOS DOS INDIOS AMERICANOS


Canto rodado de granito rosa, recollido nas costas do norte de Galiza. Ten unha talla que representa a lúa chea, original da cultura e o arte dos Indios Americanos. Nesta Cultura a lúa tiña un papel protagonista e outorgabaselle grandes poderes, marcando asi a súa simboloxía. Está tallada de xeito tradicional e pintada con pintura de base de auga.

TRISKEL EN CANTO RODADO DE GRANITO


Triskel feito nun canto rodado da zona do Barbanza de granito. Esta peza tratouse o imprescindible para tallar o triskel sen deturpar a forma orixinal da pedra, conseguindo asi unha peza moi parecida a forma dos petroglifos. Foi traballada de xeito tradicional e envelleceuse no interior da talla para acadar maior profundidade.

TRISKEL EN GRANITO



  Triskel en granito de Parga (Lugo) gris. Esta figura está moi presente en toda a cultura Celta, outorgándolle uns poderes curativos especiais. Está tallada en granito de xeito tradicional, desbastando o sobrante a punteiro. O fundo está envellecido con tinte para darlle maior profundidade e contraste.

17/5/11

Cuncha do Camiño de Santiago

 Reproducción da Cuncha do Camiño de Santiago en granito gris Parga e pintado en dourado con pintura de base auga. Símbolo da peregrinaxe a Compostela , as súas medidas aproximadas son de 15 cms de diámetro.


Feira da Primavera do Barrio de San Pedro 2011


O 30 de Abril tivo lugar a Festa da Primavera do Barrio de S.Pedro onde estivemos as Buxainas. Música, actividades, xogos e artesanía na rúa. Moitas gracias a tod@s !!!

Trofeu Olimpiadas Galegas de Centros Sociais



Realización do trofeu das I Olimpiadas Galegas de Centros Sociais do 2011, en granito gris Parga, cunha base en granito negro. O diseño está tallado en baixo-relevo e pintado posteriormente con pintura de base de auga. A base, de granito negro, está pulida e pegada con resina.

20/4/11

Triskel en granito



Triskel Celta feito en granito de Parga (Lugo), as súas medidas aproximadas son de 13x12cms. Está feito a mán con cincel e pintado con pintura acrílica de base de auga. Os triskeis son símbolos que só podían utilizar os druidas dentro da Cultura Celta, dánselle valores de protección e curativos e eram empregados para a realización de rituais.

15/4/11

Estufa de alcohol

Estufa de bioalcohol feita en granito de Parga gris e moreno. As diferentes partes están feitas a mán cun abuxardado manual. Na parte superior se lle tallou un canal que servirá para encher a estufa unha vez rematado o alcohool. Pegáronse as diferentes partes con resina e colocouse unha plancha traballada imitando chamas. O recipiente interior está feito de aceiro. Só se  fan por encargo.