23/3/11

XI Festa da Vincha



Vinchas
En Febreiro tivo lugar a XI Festa da Vincha organizada pola Asociación Espadela  en Cerdedo. Alí puxemos un posto de mostra de Artesanía en pedra e degustamos as famosas Vinchas, sobremesa típica do Entroido da zona.

Besta atrapadora



Peza tallada en arenisca con cincel e pintada con pintura acrílica de base de auga. Reproducción da  Besta atrapadora , curiosa criatura Mitolóxica Vikinga atopada en grabados o longo das costas Varegas. As súas medidas aproximadas son de 20x10cms.

Dragón en arenisca


Dragón feito en arenisca, reproducción dun deseño vikingo atopado nunha pedra rúnica de Dinamarca. Foi tallado a cincel e posteriormente pintado con pintura acrílica de base de auga. As súas medidas aproximadas son de 20x10cms.

Canto rodado con raíz


Canto rodado de cuarcita branca da zona do Barbanza, cun deseño Celta pintado con pintura acrílica de base de auga. Para o pedestal utilizouse unha raíz da comarca de Arzúa. As súas medidas aproximadas son de 15x12cms.

Triskel de granito



Triskel Celta tallado con cincel nun canto rodado de granito moreno da zona do Barbanza. Para a súa base utilizouse unha raíz tratada cunha base de barníz que serve de pedestal. As súas medidas aproximadas son de 40x20cms.

Trisquel de pedra



Para a realización desta peza partimos dunha plancha de granito gris Parga. Comezamos con o debuxado e marcado da peza, cun deseño dun triskel propio do Arte Celta, para despois tallala con cincel. Retiramos o sobrante con punteiro e cincel e limámola para darlle o acabado apomazado. Despois de preparar a base de madeira, pasamos a unilas con resina. As súas medidas aproximadas son de 40x20cms.

Rá con pé de madeira


Para esta peza preparamos a rá en granito gris, perfilamos a figura a cincel, retirando o sobrante con cincel e punteiro. Para rematar limámola e démoslle unha capa de pintura reducida con auga de diferentes tonalidades de verde. Para o seu acabado preparamos unha raíz cun tratamento e un acabado de barníz que servirá de soporte.

Raíz con pedestal de pedra


Para facer esta composición, primeiramente preparamos a base de granito moreno, abuxardandoa para darlle un aspecto tosco. Despois perfilamos o deseño dunha folla a cincel e finalmente pintámola con pintura acrílica de base de auga. Unha vez finalizada a base, escollimos a raíz que preparamos con un tratamento e un acabado de barníz. Para rematar pegamos as pezas cunha mistura de resina e polvo de granito. As súas medidas aproximadas son de 40x20cms.

dragón en granito


Deseño inspirado no dragón do Escudo dos Reinos Suevos feito en granito gris Parga. Para realizalo primeiramente debuxamos o deseño na pedra para despois perfilalo con cincel, retiramos o sobrante cun cincel de widia e, finalmente, pintamos a figura con pintura acrílica con base de auga para darlle máis contraste. As súas medidas aproximadas son de 15x17cms.

Xardín Zhen


Para facer esta peza inspirámonos nas composicións dos xardíns Zhen. Primeiro preparamos as pezas de granito de Parga con cincel para despois limalas. Despois pasamos a preparar a rama e , finalmente, pegamos todas as pezas da composición, utilizando ademáis cantos rodados. As súas medidas aproximadas son de 17x15cms.

Canto rodado con raíz



Canto rodado en granito moreno que se traballou a concel para darlle o deseño interior en forma de espiral, propio do Arte Celta. Unha vez feito o deseño do canto rodado, preparamos a raíz empregando un tratamento para o seu mantimento e un acabado de barníz.

Canto rodado con raíz



Esta peza consiste nun canto rodado de granito que pulimos para despois facerlle con pintura acrílica un deseño inspirado no Arte Celta. Para rematar preparamos a raíz, limpámola e demoslle un tratamento para finalmente darlle unha capa de barníz. As súas medidas aproximadas son de 40x20cms.

Moucho en granito


Esta peza é un deseño propio e mide aproximadamente 5x8cms. Despois de traballada a pedra con cincel, pasamos a pintala con pintura acrílica de base de auga. Finalmente preparamos unha pequena raíz para que servira de soporte.

Máscara en granito



Reproducción dunha máscara grega en granito moreno Parga, as súas medidas aproximadas son de 20x12cms. Primeiramente debuxamos o deseño de máscara na pedra, para posteriormente marcala con cincel. Unha vez perfilada vaciouse con cincel e punteiro.

Queimadores de incienso.


 Set de queimador de incienso e portavelas en mármore branco-crema con bolas de cuarcita negra. Despois de cortadas as pezas, dímoslle formas e limámolas. Por último pegamos as pezas con resina. As súas medidas aproximadas son de 35x6cms e de 10x6cms.

Triskel en pedra



Deseño de un triskel feito en granito de Parga gris cunhas medidas aproximadas de 25x15cms. Primeiro debuxamos a peza, despois tallámola con cincel para finalmente, quitar o sobrante con punteiro. Deixamoslle un acabado apiconado e lixamos a peza.

Portavelas de granito


Portavelas de granito gris Parga. A súa elaboración foi, primeiro o marcado do dibuxo inspirado nos deseños de triskeis propios da Cultura Celta, para pasar ao seu tallado a cincel, desbastando o sobrande a punteiro, deixando finalmente un acabado apiconado. As súas medidas aproximadas son de 12x12cms.

Raíz con pedestal de granito




Raíz con un pedestal de granito gris Parga. Para a base marcamos a peza e, despois de traballada para darlle forma, pulimola.Á madeira limpamola para despois darlle un tratamento e o barniz de acabado. As súas medidas aproximadas son de 40x20cms.

22/3/11

Portavelas de granito



Portavelas de granito moreno Parga, ten tallado a cincel a figura dun triskel, propio do Arte Celta. Unha vez feito o tallado pasamos a pintar o deseño con pintura acrílica con base de auga. As súas medidas aproximadas son de 12x12cms.

Escudo de granito

Escudo de granito gris Parga, está inspirado na figura dunha talla de Arte Celta. A súa realización foi a seguinte: primeiro marcamos o deseño, para posteriormente pasar ao seu tallado con cincel. O sobrante retiramolo a punteiro e finalmente apiconámola e limámola. As súas medidas aproximadas son de 25x20cms.