21/3/11

Portavelas de granito

Portavelas de granito inspirado no Arte Celta , concretamente na figura dun triskel. Feito a mán de forma artesanal, partiuse dunha plancha de granito de Parga gris para tallar a figura con cincel de widia e desbastar o sobrante con punteiro. As medidas aproximadas son de 25cm x 15 cm. Ideal para colocar no aparador ou colgado dunha parede.A limpeza deste tipo de traballos é moi doada, bastaría con auga e un cepillo brando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario