22/3/11

Queimador de incienso



Esta peza está dentro dunha serie que chamamos Buxeiradas, son pezas de deseño propio nas que utilizamos para a súa composición granito moreno de Lalín que, unha vez traballadas para limarlle todas as marcas e asperezas, pegamos para facer este queimador. Para poñer o cono de incienso utilizamos un canto rodado de cor torrada no que fixemos un debuxo que imita a unha folla.
O seu tamaño aproximado é de 10 x 12 cms e a súa limpeza é moi doada, bastaría con auga e un cepillo de cerdas suaves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario