20/4/11

Triskel en granito



Triskel Celta feito en granito de Parga (Lugo), as súas medidas aproximadas son de 13x12cms. Está feito a mán con cincel e pintado con pintura acrílica de base de auga. Os triskeis son símbolos que só podían utilizar os druidas dentro da Cultura Celta, dánselle valores de protección e curativos e eram empregados para a realización de rituais.

15/4/11

Estufa de alcohol

Estufa de bioalcohol feita en granito de Parga gris e moreno. As diferentes partes están feitas a mán cun abuxardado manual. Na parte superior se lle tallou un canal que servirá para encher a estufa unha vez rematado o alcohool. Pegáronse as diferentes partes con resina e colocouse unha plancha traballada imitando chamas. O recipiente interior está feito de aceiro. Só se  fan por encargo.

14/4/11

Escudo Reino Suevo

Reproducción en granito de Parga(Lugo) do Escudo do antigo Reino Suevo da Galiza. O león vermello e o dragón verde eran armas dos reis suevos que tiñan neste reino a súa corte.


Os deseños foron tallados en baixo-relevo na pedra e para finalizar pintáronse con pintura de base de auga. As súas medidas aproximadas son de 25x17 cms e a súa conservación é moi doada, bastaría con auga e un cepillo de cerdas suaves.

Cuadro triskel





 Cadro feito en granito de Parga cun triskel grabado a mán. O deseño pintouse cunha pintura de base de auga e suxeitouse con coiro e madeira. O triskel está dentro da simboloxía sagrada propia da Cultura Celta . As súas medidas aproximadas son de 15x15 cms e o seu mantemento é moi doado, basta con auga e un cepillo de cerdas brandas.

Cadro triskel






 Cadro en granito de Parga con un motivo dun triskel tallado , orixinario da Cultura Celta. Ao fundo deuselle unha pátina de betún co fin de envellecer a pedra. Está suxeito cunha tiras de coiro e madeira. Segundo as lendas os triskeis tiñan gran poder e era un símbolo utilizado polos druidas como talismán. As medidas aproximadas son de 14x15 cms.

13/4/11

Máscara africana


    Reproducción dunha máscara africana. Despois de delimitar o contorno da peza, pasouse
ao seu perfilado e a desbastar o sobrante. Tallaronse as formas da cara e finalmente pintaronse
motivos trivais. Está realizado en granito de Parga gris (Lugo) e as súas medidas aproximadas son de32x15cms.       

7/4/11

Trasno en mesiña


Esta peza está inspirada da mitoloxía galega na figura dos trasnos. Feita a mán, o trasno está feito en granito moreno da comarca de Compostela e a mesiña en granito gris Parga (Lugo). As medidas aproximadas son de 25x15x15.

Celosía Celta





Peza en granito gris Parga (Lugo) con talla dunha celosía propia do Arte Celta.Foi feita a mán de forma tradicional con cincel, desbastando o restante a punteiro. As medidas aproximadas son de 20cms de diámetro.