23/8/11
8/8/11
FESTA CELTA DE O PINO
O 6 e 7 de Agosto tivo lugar a 3º Edición da Festa Celta de O Pino e alí nos fumos as Buxainas. Música, artesanía, faunos e satíros, amenizaron esta festa a pesar da chuvia. O domingo celebrouse unha exposición de galo piñeiro e unha feira cabalar. Moitas gracias a tod@s @s que fixeron posible que estivesemos alí e especialmente a Daniel (Aromas del duende) que sempre conseguiu sacarnos un sorriso.
26/6/11
TRISKEL EN GRANITO
Triskel feito en granito gris. Os triskeis é un elemento simbólico da Cultura Celta, considerábase que tiña gran poder e só podían portalo os druidas. Está tallado nunha peza irregular dun granito que provén da zona de Lugo. Para darlle maior profundidade, teñiuse o fundo. As súas medidas aproximadas son de 26x22 cms. A limpeza de este tipo de pezas é moi doada, bastará con auga e un cepillo de cerdas suaves. Foi elaborada de xeito artesanal.
8/6/11
SÍMBOLOS DOS INDIOS AMERICANOS
Canto rodado de granito rosa, recollido nas costas do norte de Galiza. Ten unha talla que representa a lúa chea, original da cultura e o arte dos Indios Americanos. Nesta Cultura a lúa tiña un papel protagonista e outorgabaselle grandes poderes, marcando asi a súa simboloxía. Está tallada de xeito tradicional e pintada con pintura de base de auga.
TRISKEL EN CANTO RODADO DE GRANITO
Triskel feito nun canto rodado da zona do Barbanza de granito. Esta peza tratouse o imprescindible para tallar o triskel sen deturpar a forma orixinal da pedra, conseguindo asi unha peza moi parecida a forma dos petroglifos. Foi traballada de xeito tradicional e envelleceuse no interior da talla para acadar maior profundidade.
TRISKEL EN GRANITO
Triskel en granito de Parga (Lugo) gris. Esta figura está moi presente en toda a cultura Celta, outorgándolle uns poderes curativos especiais. Está tallada en granito de xeito tradicional, desbastando o sobrante a punteiro. O fundo está envellecido con tinte para darlle maior profundidade e contraste.
17/5/11
20/4/11
Triskel en granito
Triskel Celta feito en granito de Parga (Lugo), as súas medidas aproximadas son de 13x12cms. Está feito a mán con cincel e pintado con pintura acrílica de base de auga. Os triskeis son símbolos que só podían utilizar os druidas dentro da Cultura Celta, dánselle valores de protección e curativos e eram empregados para a realización de rituais.
15/4/11
Estufa de alcohol
Estufa de bioalcohol feita en granito de Parga gris e moreno. As diferentes partes están feitas a mán cun abuxardado manual. Na parte superior se lle tallou un canal que servirá para encher a estufa unha vez rematado o alcohool. Pegáronse as diferentes partes con resina e colocouse unha plancha traballada imitando chamas. O recipiente interior está feito de aceiro. Só se fan por encargo.
14/4/11
Escudo Reino Suevo
Os deseños foron tallados en baixo-relevo na pedra e para finalizar pintáronse con pintura de base de auga. As súas medidas aproximadas son de 25x17 cms e a súa conservación é moi doada, bastaría con auga e un cepillo de cerdas suaves.
Cuadro triskel
Cadro feito en granito de Parga cun triskel grabado a mán. O deseño pintouse cunha pintura de base de auga e suxeitouse con coiro e madeira. O triskel está dentro da simboloxía sagrada propia da Cultura Celta . As súas medidas aproximadas son de 15x15 cms e o seu mantemento é moi doado, basta con auga e un cepillo de cerdas brandas.
Cadro triskel
Cadro en granito de Parga con un motivo dun triskel tallado , orixinario da Cultura Celta. Ao fundo deuselle unha pátina de betún co fin de envellecer a pedra. Está suxeito cunha tiras de coiro e madeira. Segundo as lendas os triskeis tiñan gran poder e era un símbolo utilizado polos druidas como talismán. As medidas aproximadas son de 14x15 cms.
13/4/11
Máscara africana
Reproducción dunha máscara africana. Despois de delimitar o contorno da peza, pasouse
ao seu perfilado e a desbastar o sobrante. Tallaronse as formas da cara e finalmente pintaronse
motivos trivais. Está realizado en granito de Parga gris (Lugo) e as súas medidas aproximadas son de32x15cms.
7/4/11
Trasno en mesiña
Esta peza está inspirada da mitoloxía galega na figura dos trasnos. Feita a mán, o trasno está feito en granito moreno da comarca de Compostela e a mesiña en granito gris Parga (Lugo). As medidas aproximadas son de 25x15x15.
Celosía Celta
Peza en granito gris Parga (Lugo) con talla dunha celosía propia do Arte Celta.Foi feita a mán de forma tradicional con cincel, desbastando o restante a punteiro. As medidas aproximadas son de 20cms de diámetro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







